A Foto 51 é o nome informal que se lle deu a unha imaxe de difracción de raios X do ADN tomada por Raymond Gosling en maio de 1952, cando traballaba como estudante baixo a supervisión de Rosalind Franklin, no King's College de Londres no grupo de Sir John Randall. Era a 51ª foto de difracción do ADN que tomara o equipo de Franklin e Gosling.
Read On